Entorno

O enclave no que se sitúa a Casa Sendas do Eume, a pequena aldea de Currás, está situada na parroquia de Taboada do Concello de Monfero (A Coruña) e pertence o Parque Natural Fragas do Eume.

Casa Rural Sendas do Eume

Parque Natural das Fragas do Eume

Parque Natural Fragas do Eume Casa Sendas do Eume

Ponte nas Fragas do Eume

A situación estratéxica da Casa permite os visitantes escoller entre un amplo abanico de posibilidades, onde en todo momento a natureza será quen se apodere dos teus sentidos.

Así, dende a propia Casa parte un pista que descende ata o rio Eume, ata chegar a ruta de sendeirismo dos “Encomendeiros” que trascorre ata o Monasterio de San Xoan de Caaveiro que data do Seculo X.

Tamén dende a casa, a menos de 5 km, podemos visitar lares de gran valor e interés Turístico e Cultural como son o Castelo dos Condes de Andrade ou o Monasterio de Santa María de Monfero, situado na parroquia de San Fiz de Monfero a menos de 12 km de distancia e que sen dúbida son dignos de visitar pola súa historia e fermosura.

Monasterio de Monfero

Monasterio de Monfero

Monasterio de San Xoan de Caaveiro

Monasterio de San Xoan de Caaveiro

 

 Para os amantes do sendeirismo, e do turismo activo en xeral, atopará nesta pequena aldea morea de alternativas, atopando nos seus redores varios camiños e rutas marcadas de sendeirismo a través das Fragas do Eume. Outras actividades que a natureza nos ofrece é a recollida de setas e a pesca, ainda que a imaxinación pode recorrer un sin fin de posibilidades. Pra aqueles que queiran outro tipo de actividades, a apenas dous kilómetros hai varias empresas que se adican a facer excursión en kayak polo río Eume, rutas a cabalo…

Destacar a cercanía que hai dende a Casa ata Vilas de gran valor cultural e histórico como Pontedeume ( a 8 km) ou Betanzos ( a 25 km) , e a fermosos pobos de pescadores como Mugardos, Ares ou Redes, ainda que tamen cidades como A Coruña, Ferrol e Santiago son destinos os que se pode chegar en moi pouco tempo grazas a boa comunicación que ofrece a Autopista AP-9.

Por cercanía, a Casa Sendas do Eume centra máis os seus servicios na localidad de Pontedeume, que se atopa a tan só 8 km por una estrada que ademáis ofreceravos unhas vistas panorámicas especataculares de toda a ría e o pobo. Ainda que cabe destacar que a tan só 2 km da casa hai unha Cooperativa que conta con supermercado e gasolineira ofrecendo un servicio esencial sen ter que desplazarnos ata Pontedeume.

Para aqueles que busquen descanso pleno, e queiran un bronceado, a menos de 10 minutos en coche pode atopar praias de gran afluencia como son a da Magdalena, Miño, Perbes ou Ber e tamén outras máis recollidas que non teñen tanta afluencia de xente como son a de Chamoso ou a praia de Centroña. Por outro lado, as piscinas do Concello de Monfero, situadas a unhes 14 km da Casa, están moi ben acondicionadas e a entrada é de valde.

Praya de Centroña

Praia de Centroña o tamén chamada Jajuai.