A Casa

Contruída no 1900, esta antiga casa de labregos foi rehabilitada completamente fai 10 anos. A súa estructura é típica das casas de labranza do rural galego facendo mostra no seu exterior, nos capitais e fachada orixinal de pedra granítica maciza do que terman as súas vigas de pedra e madeira; pero tamén o interior da vivenda fai rexistro da súa tipicidade na pedra vista e na lareira, que lle dan a casa un encanto singular.

O enclave no que se sitúa, a pequena aldea chamada Currás, enclavada no Parque Natural Fragas do Eume, é un fermoso lugar que coidou de conservar a armonía da súa estructura orixinal ofrecendo así un lugar rodeado por unha atmósfera tranquila, onde o asubio dos paxaros será a millor canción e o son do ar e o ruxir da auga a mellor comparsa para relaxarse nesta casa rural que recolle un sinfín de posibilidades para poder disfrutar da natureza en tódolos seus sentidos.

A Casa ofrece espazos cun carácter rústico que engaiola de paz e armonía. Así, a vivenda estructúrase en 3 habitacións dobres das cales dúas están decoradas con dous ambientes, a xastreria e a leitería; un baño colonial e outro no pranta alta; cociña e un enorme salón-comedor con lareira, son espazos nos que atoparedes un ambiente cálido e cómodo no que poder relaxarvos mentres vos rodeades de enerxía positiva. Tamén o exterior da casa é un lugar de disfrute e tranquilidade, un acolledor xardín con piscina para os nenos, un ceador para disfrutar de xantares feitos na barbacoa cunha zona de relaxación na que facer ben a dixestión ou ben disfrutar dunha boa sobremesa, serán recunchos de lecer que de seguro han cumprir as vosas expectativas.

Equipamento:

Cociña totalmente equipada, con lavalouzas, forno, microondas, batidora, tostadora, foundie, unha trona para os pequenos, menaxe e batería completa.

Amplio salón comedor de case 60 m2  con lareira equipado con TV de 32″, equipo de son, DVD, lectura, xogos de mesa e outros para os mais pequenos…

Habitación “A Xastrería”, situada na planta baixa, recrea un taller de costura; componse de dúas camas xemelgas de 90 de ancho, unha mesita de noite con lámpada de noite, un baúl, un berce alto e un armario.

Habitación “A Leitería” con características propias que a identifican, atópase na pranta alta da casa e componse de dúas camas xemelgas, mesiña con lámpada de noite, un baúl e un armario.

Habitación dobre, atópase na pranta alta da casa, ten unha cama de 150 de ancho, un sofá, armario unha mesiña e lámpadas de lectura.

Baño Colonial, na pranta baixa temos un baño separado do aseo, no baño atoparemos unha preciosa bañeira colonial, sales minerais, estanterías, secador de pelo, radiadores para as toallas, valde para a roupa sucia e unha cadeira.

Outro cuarto de baño no piso está composto de plato de ducha, radiadores para as toallas e valde a roupa sucia.

Xardín as dúas caras da casa, cunha pequena piscina para os nenos, pozo, barbacoa e un ceador con mesa redonda para oito comensales cun comodísimo sofá e un sillón, ademáis dunha mesa auxiliar.

Outros: táboa de planchado e plancha, lavadora, caixa forte, productos de hixiene e limpeza, toallas e roupa de cama.